Parabéns a todas as familias que estades a esperar un bebé, pois sempre é unha alegría a chegada dun neno ou unha nena á familia. Tamén é unha grande alegría ensinarlles as súas primeiras palabras, dar os seus primeiros pasos ou descubrir os primeiros contos e cancións.

Queremos animarvos a que o fagades en galego e para facilitarvos o camiño achegámosvos ás familias e ao profesorado de educación infantil o web www.dobercearua.gal, onde atoparedes unha chea de recursos lúdicos e educativos como contos, xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras..., e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego, consellos de crianza...




Logos Concello de Narón, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña